miércoles, 10 de septiembre de 2014

Novos Retos




Os comenzos nunca son doados, non é sinxelo facer algo por primeira vez e menos cando a experiencia non acompaña pero penso que no transcurso do tempo vamos collendo mais confianza en nos mesmos e creemos mais nas cousas que facemos, ou a min pareceme.
Teño que decir que son unha gran admiradora de Vincent Van Gogh  e podo destacar unha famosa cita del: "¿Qué sería de la vida, si no tuviéramos el valor de intentar algo nuevo?".
Esa é unha gran pregunta que non fai falla contestar posto que vive permanentemente o noso caron. Como ben dixo Sócrates na célebre cita que Carlos nos recordou, a experiencia non é un acto senon un hábito. Na miña opinión, debo intentar algo novo e se non teño a experiencia para acompañar, creala día a día, confio que as cousas semellan máis difíciles cando as pensamos que cando as poñemos en práctica .
Empecei unha carreira na rama do dereito laboral en Vigo, hay algúns anos, cando os ordenadores non eran ferramentas habituais nos alumnos. Rematei a universidade chea de ilusións nun mercado de traballo altamente competitivo na miña profesión, estiven uns anos intentando facerme un sitio nun ámbito laboral tremendamente cambiante e na que hai que investir  moito tempo e diñeiro,  estiven de alta no colexio profesional de Graduados Sociais arredor de tres anos, onde puden facer algunhas intervencións xudiciais.
Debido a circuntancias persoais vinme na obriga de buscar novas oportunidades laborais e darme de baixa no colexio.  Xurdironme outros traballos que nada tiñan que ver coa miña profesión, pero laboralmente mais estables onde fun capaz de realizar o reto máis importante na miña vida que foi; o de ser nai, podía compaxinar a vida familiar e o mesmo traballar. Incorporeime a plantilla nunha empresa de exportación e importación de vehículos e loxística no departamento de administración e control, anos maís tarde ca chegada da crisis, chega o peche da empresa e como non hai mal que por ben non veña, os poucos días, comencei a traballar para a Consellería de Traballo e Benestar no Plan de Emprego 2010, como promotora de emprego, foi a primeira vez que tomei contacto coa profesión e a que hoxe en día considero será a miña profesión no futuro xa que a experiencia que tiven personalmente foi moi gratificante polo que o cesar na Consellería, propúxenme participar neste posgrado que por motivos persoais, non puiden asistir a primeira edición que se celebrou na Coruña.
Empecei a miña formación académica sin ferramentas tecnolóxicas, a día de hoxe, non me inmaxino a miña vida sin elas, mantéñome en contacto coa familia, amigos e coñecidos a través delas e utilizoas para mellorar a formación ( por exemplo cursos online). A consulta nas web de información para min é algo cotián e imprescindible.
En conclusión, creo nas novas oportunidades, no deber da reciclaxe profesional e na continua formación para calquer profesión, nas novas tecnoloxías e no seu uso razoable. E teño o desexo de que se siga fomentando a formación e a educación en todos os ámbitos.


 Ollo o tren!!!



A imaxe que escollín:

É un tren que para min, representa moi ben o que todos coñecemos por " non perder o tren", non deixar pasar ningunha oportunidade que supoña unha mellora na aprendizaxe, neste caso, aproveitar o momento para facer cousas diferentes e adaptarse a novas formas de adquirir coñecementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario